A nova Xunta en contra do Software Libre

9 de xullo do 2009 publicado por domato

Hoxe escribo esta anotación coa raiba que da saber que é probábel que desaparezan iniciativas tan importantes dentro do software libre galego como Mancomún ou Galinux.

Segundo podemos ler en "A xunta ameaza con desmantelar Mancomún" vemos como o Software Libre galego se queda sen subvencións mentres que o goberno de F€ixóo asina contratos millonarios con Micro$oft.

Isto non é máis que outro duro pao dos que nos quedan por sufrir por parte dun goberno que ignora a lingua, a cultura, e agora ignora o avance tecnolóxico.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Sen clasificar | Sen comentarios »

O hidróxeno

12 de maio do 2009 publicado por domato

O hidróxeno é o elemento químico máis abundante do Universo, un 90% dos átomos do universo están constituídos da maneira máis sinxela, cun só protón e un só electrón, característicos deste elemento tan interesante.

A fonte de enerxía máis grande, potente e que fixo posíbel a vida no noso planeta, o astro rei, o deus dos ceos, o deus celta Ogma, o exipcio Ra,  o grego Helios, o azteca Tonatiuh ou o inca Inti, é dicir, o Sol está composto en máis dun 70% de hidróxeno.

http://www.abiertohastaelamanecer.ws/?x=cat:3

Ler o resto da entrada »

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Ciencia, Ecoloxía, Tecnoloxía | Sen comentarios »

Pedais de guitarra

10 de abril do 2009 publicado por domato

Hoxe vou escribir sobre un tema que o meu amigo Alex me propuxo, os pedais de guitarra.

Este é un tema o suficientemente grande como para que ocupe varias anotacións, porén, vouno resumir ao máximo.

Os pedais de guitarra como saberedes, son aqueles elementos que se se colocan entre a guitarra e o amplificador modificando o sinal da guitarra e proporcionándolhe umhas características diferentes ás do sinal limpo.

Como hai moitísimos tipos de pedais, vounos agrupar en 3 categorías: pedais de modulación, pedais de distorsión e pedais que filtran o sinal.

Ler o resto da entrada »

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Música, Tecnoloxía | 1 Comentario »

De onde ven a Lúa?

20 de marzo do 2009 publicado por domato

A Lúa e o único satélite natural dos milleiros que rodean o noso planeta, é o único que o ser humán non puxo alí arriba e tamén é o que alberga máis misterios. Tamén é o único corpo, ademáis da Terra, no que algún membro da nosa especie pousou os seus pés.

É 3,6 veces máis pequena ca Terra, porén é o satélite natural máis grande do Sistema Solar en comparación co resto de satélites dos outros planetas, por exemplo, Deimos, un dos satélites de Marte, é 566 veces máis pequeno ca o planeta vermello.

Tamén a súa gravidade é 6 veces máis pequena que a da Terra, por iso os astronautas que pisan a súa superficie parece que flotan, asemade a súa atmosfera é case nula, non ten actividade volcánica e a súa tectónica é insignificante, causada principalmente pola atracción da Terra. Isto explica por que non hai procesos de erosión que eliminen as múltiples feridas que produciron os asteroides que impactaron sobre ela durante máis de 4000 millóns de anos.

Imaxe da wikipedia.

SEGUIR LENDO >

Ler o resto da entrada »

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Ciencia | Sen comentarios »

Mesturas de youtube

8 de marzo do 2009 publicado por domato

Vía Hispasonic atopeime cun proxecto dun músico e productor israelí, quen por certo, ten toda a pinta de non estar a favor da masacre palestina, xa que nos seus vídeos podemos atopar xente de tódalas formas e cores, incluida xente que canta melodías típicas de paises musulmáns.

O fulano faise chamar Kutiman e co seu proxecto Thru you mestura varios videos que xente do máis variopinto sube a youtube tocando diversos instrumentos e cantando.

Algo que a priori non parece demasiado complicado, é bastante complexo xa que tivo que buscar entre os millóns de videos que hai almacenados en youtube e atopar os que tiñan o mesmo tono, ritmo e demáis, e ainda así tivo que realizar cortes para adecuar cada vídeo ao tempo da mestura, asemade, tendo en conta a pésima calidade de son da gran maioría de vídeos de youtube, a tarefa semella case imposíbel, nembargantes o resultado é espectacular.

Os dous vídeos que máis me gustaron son éstes:

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Música | Sen comentarios »

Galiza involuciona

2 de marzo do 2009 publicado por domato

Oxe teño que saírme dos temas habituais que se tratan neste blogue xa que onte foi unha xornada nefasta para Galiza.

As eleccións que se celebraron onte, deron como resultado que a campaña de difamación, de mentiras, e de meter medo, que realizaron PP, galicia bilingüe, e moitos máis que non quero nomear, tivo un rotundo éxito. Isto significa que Galiza perde, perde o noso idioma, que verá como acada un estatus de lingua secundaria. Tamén perde o Estatuto, xa que agora nos gobernarán dende esa lonxana e rancia cidade de Madrid. Pero sobre todo perde a ilusión por ter un país de verdade e un país avanzado e moderno para que gañe un país anticuado e fraguista.

Non podo máis que dicir, que dentro de 4 anos HAI QUE BOTALOS!

Imaxe que promoveu o colectivo Burla Negra, que conseguiu botar a Fraga nas anteriores eleccións

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Sen clasificar | 1 Comentario »

Magneto

17 de febreiro do 2009 publicado por domato

A raíz dunha pregunta que me fixo un colega sobre as pastillas das guitarras eléctricas, vou explicar un pouco de que vai todo isto.

Para os profanos nisto das guitarras podo establecer 3 categorías de guitarras: Acústicas (non usa pastillas nin micrófonos), electroacústicas (empregan micrófonos e/ou pastillas) e eléctricas (usan pastillas). Nas que me vou centrar é nas eléctricas ainda que hai algún tipo de electroacústica que emprega este tipo de pastillas, que son as de semicaixa (especie de híbrido entre guitarra eléctrica e guitarra acústica).

O que diferenza estas guitarras das acústicas é que teñen uns elementos que captan a vibración da corda e a transmiten a un amplificador.

Estes elementos se chaman pastillas e foron inventadas polo señor George D. Beauchamp (1899 – 1941) a finais dos anos 1929. Coñecido tamén por ser o co-fundador da empresa de guitarras Rickenbacker.

Fender Stratocaster con 3 pastillas simples

Seguir lendo>

Ler o resto da entrada »

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Música, Tecnoloxía | 2 Comentarios »

A enerxía da serpe

10 de febreiro do 2009 publicado por domato

Esta serpe que vedes nesta fotografía, é unha Pelamis Platurus.

Este ofidio é unha serpe mariña que habita en augas tropicais de todo o mundo, é de medio tamaño (1 metro aproximadamente) e posúe un veneno potencialmente letal. A súa mordedura inxecta unha sustancia neurotóxica que provoca a destrucción do tecido muscular, así como parálise neuromuscular e danos renais.

(para seguir lendo pulsa, read the rest of this entry)

Ler o resto da entrada »

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Ecoloxía, Tecnoloxía | Sen comentarios »

Geiger, o medidor da morte

27 de xaneiro do 2009 publicado por domato

Imaxe da Wikipedia

Este pequeno trebello, é un contador Geiger, e publicamos isto porque este ano cúmplese o centenario da súa invención polo científico alemán, Hans Geiger.

Un contador Geiger serve para detectar e medir o fluxo de ións procedentes dunha fonte radiactiva. Isto, que semella altamente complexo, é un proceso relativamente sinxelo, xa que que a agulla do contador únicamente mide a voltaxe que os ións radiactivos xeran ao colisionar cos electróns dun gas que rodea un fío conductor, que é responsábel de transmitir ese voltaxe á agulla medidora.

(para seguir lendo pulsa, read the rest of this entry)

Ler o resto da entrada »

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Ciencia, Tecnoloxía | 2 Comentarios »

Umha mente privilexiada

10 de xaneiro do 2009 publicado por domato

Fai un tempo vin un documental en Google video, que podedes ver eiquí (está en castelán).

Trata sobre un home, Daniel Tammet, que ten unha extranha forma de autismo, tan extranha, que fai que todo o que ve esté composto de números, e á súa vez na súa mente os números tenhen unha forma concreta, o que lle axuda a facer complicadas operacións matemáticas no que tarda en chiscar un ollo.

Ademais éste home ten a asombrosa habilidade de aprender idiomas nun tempo récord, chegando a aprender Islandés nunha semana, é dicir, a desenvolverse normalmente e poder manter unha conversa nun dos idiomas máis complexos do mundo en pouquísimo tempo.

Ese autismo que ten é tan extranho, que o seu comportamento social é normal, ao contrario que o resto de autistas.

Recomendo ver o documental, é moi interesante e non dura moito (máis ou menos 50min).

Vía: Fogonazos

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Ciencia | Sen comentarios »

« Anotacións anteriores